Tenda de Hortalizas Ecolóxicas en Quilmas

Dende Agosto do 2014 abrimos unha nova fiestra cara as nosas hortas, abrimos un punto de contacto e comercialización para por directamente os froitos da nosa terra a disposición das consumidoras que se queiran achegar. A tenda está na parcela dos invernadoiros da Raínha Lupa localizados na Estrada Xeral, na saída de Quilmas cara o Pindo. Alí estamos a remodelar un local, pero provisionalmente atendemos ao público de luns, martes, xoves, venres e sábado, de 10 a 14 h. Alí poderedes atopar as hortalizas de tempada da cooperativa e outras de hortas ecolóxicas galegas. IMG_9409

Este verán, houbo TOMATADA

Este ano, en contra de todas as espectativas, polo tempo, (brétemas e chuvas, por todos sabido danan ás tomateiras até consumilas pola propagación e crecemento do mildiu), porque os cultivos atrasáronse na plantación e na colleita, houbo uns bos tomates. Seica o traballo de seleccionar as sementes e os abonados con algas que fortalecen moito ás plantas ante as enfermidades, tamén a poda constante no comezo do crecemento da planta fai que os froitos sexan maiores e saborosos. Apresentamosvos, cicais aínda non as coñecedes, as diferentes variedades que cultivamos, unhas novas e outras tradicionais ou adaptadas, recuperadas estes últimos anos nas diferentes hortas de labregas galegas.

Tomatiños Cherrry Amarelos e Negros

Tomatiños Cherrry Amarelos e Negros

Variedades de tomate Raf e Apimentado

Variedades de tomate Raf e Apimentado

Tomates de Aboa de Osedo e Ourense

Tomates de Aboa de Osedo e Ourense

Retomamos a actualidade ecolóxica en Quilmas, antes unhas imaxes retroactivas, para así non esquecer…

Arde o Pindo Set 2013

Arde o Pindo Set 2013

Brétema de fume e cinzas. O Pindo set. 2013

Brétema de fume e cinzas. O Pindo set. 2013

Apiario da RL despois do paso do lume, que queimou 10 colmeas!

Apiario da RL despois do paso do lume, que queimou 10 colmeas!

Froiteiras de variedades autóctonas arrasadas polo lume, ai, ai, iai!

Froiteiras de variedades autóctonas arrasadas polo lume, ai, ai, iai! E despois de botar unhas bágoas que ben o merece a natureza perdida, voltemos ao noso para que non se repita.


 

Cartaz Quilmas Xuño 1Mercado Xuño

Como vai o cultivo de patacas

Este ano está a ser un pouco duro para as patacas de cedo, as que foron plantadas en Decembro ou Xaneiro, duro pola chuva que fixo apodrecer as sementes nas terras asolagadas e duro polas xiadas tardías do mes de Abril. Así que esperamos pataca nova un pouco máis tarde ca outros anos. A primeira plantación de patacas fixémola a comezos de febreiro e hai 2 semanas fixémoslle o aterrado co motocultor.

Aterrar patacas co motocultor

Estas son da variedade “Baraca”, tamén temos plantadas xa para a colleita de tarde a variedade autóctona “Fina de Carballo” que conseguimos através do GDR “Costa da Morte” e é a primeira vez que as cultivamos así coma a variedade vermella “Red Pontiac”. Fixemos a asociación tradicional de pataca-liño semeando este ao perímetro do cultivo de pataca, xa que cando medra fai unha barreira que repele ao temido e lurco escarabello da pataca.

 

Dende a Raínha Lupa queremos agradecer o apoio recibido por tod@s estas compañeir@s que non se amedrentaron co mal tempo e viñeron compartir connosco esta xornada. Tamén a tod@s os visitantes, veciñ@s e amig@s que non se perden unha edición dos mercados. Pola nosa parte saímos moi animados e pensando xa en cómo mellorar e organizar o próximo evento o 2 de Xuño.

Explanada onde facemos os mercados. Na imaxe o posto do ceramista muradán ...a primeira hora da tarde.

Explanada onde facemos os mercados. Na imaxe o posto do ceramista muradán …a primeira hora da tarde.

Presentación do libro "O Mistério da Escada Interior"

Presentación do libro “O Mistério da Escada Interior”

A presentación do libro de Adela Figueroa “O Mistério da Escada Interior”  suxeríu a novos e vellos a importancia das palabras para a ó entendimento e a forza do teatro coma ferramenta para a empatía. Curra, Sabeliña e Uxía representaron de forma improvisada un dos capítulos da obra teatral transmitindo moita emoción a tódol@s asistentes. A trama desnrolase na Muralla de Lugo onde atópanse casualmente o espírito atrapado no tempo dun neno romano, Casio, e dous rapaces que da época actual que tiñan que axudar a Casio (fillo dun guerreiro romano e dunha muller kallaikoi- habitantes da Galiza previos á romanización) na procura das palabras que lle permitiran abandoar o mundo dos vivos e reunirse coa súa familia. Así faise un chamamento á solidariedade, ao valor da amizade e ao entendimento entre as persoas.

Presentación do libro " O Mistério da Escada Interior" o venres 29 de Marzo en Quilmas.Uxía e Sabeliña teñen a mesma idade cos protagonistas do libro, Adela Figueroa ao seu carón na representación.

Presentación do libro ” O Mistério da Escada Interior” o venres 29 de Marzo en Quilmas.Uxía e Sabeliña teñen a mesma idade ca dous dos protagonistas do libro, Adela Figueroa ao seu carón na representación.

Mercado Eco en Quilmas, 29 de Marzo

Quilmas acolle a VI edición do Mercado Ecolóxico Tradicional o venres 29 de Marzo. Este mercado enmárcase nunha ristra de eventos que terán lugar nos vindeiros 6 meses onde acogollaremos na nosa aldeia un compendio dos diferentes movementos que están a xirar e traballar ao redor da agroecoloxía na Galiza. as labregas, apicultoras, artesás dos alimentos e da natureza e colectivos que traballan a cotío pola defensa do medio ambiente, teñen nestes eventos un espazo para a mostra, a divulgación e a conexión de ideias co público en xeral. As persoas que teñan inquedanzas nos xeitos de produción de alimentos ecolóxicos ou en movementos de acción medioambiental e sostibilidade práctica, en proxectos pola defensa da terra…

Así que haberá mel (de moitas variedades e procedencias), queixos de San Simón e Arzúa Ulloa, Cevexas artesás, viño ecolóxico de Monterrei e Mencías, pan biolóxico (con formentos naturais e fariña do país ecolóxica e sen aditivos), coma sempre o  o eixo principal que move estes mercados é o produto de horta fresco de tempada (couveflor, repolo, ceboleta, leitugas, porros, cenoiras, entre outras nesta época), tamén haberá diferentes complementos cas labregas e labregos transforman coma doces, licores e conservas de todo tipo así coma planteles de tempada, ovos…Este ano dende Raínha Lupa temos a inquedanza de engadir animais vivos aos mercados e promocionar a gandeiría de razas autóctonas máis resistentes ás enfermidades e rústicas no seu manexo resistindo e precisando estar ceibas, por tanto, idóneas para a produción ecolóxica. Contaremos tamén con cesteiros e ceramistas, artistas versatis que recuperan materiais e reutilízanos transformándoos en obxectos utis.

Estará connosco Adela Figueroa Panisse “Curra” para presentar o seu último libro de teatro infantil e/ou xuvenil ” O mistério da escada interior”. Despois de internarnos nas fragas e os ríos, nos augas e nos montes, nas visións dos nenos sobre os  contos, contarnos histórias das mulleres-árbores, mostrarnos a natureza integrada na cultura galega e por tanto n@s galeg@s, Curra achégase de novo a Quilmas para mostrar o seu libro que conta coas marabillosas ilustracións de Celsa Sánchez.

1358495694o_misterio_da_escada_interior
Tamén nestes mercados há espazo para o lecer, para desfrutar da contorna descubrindo a aldeia da Curra, as praias antigas de Quilmas e Panchés, o Porto natural de Quilmas, as múltiples cabaceiras que evocan eses tempos onde estaban cheias de alimentos e, polo tanto, cando as leiras eran mosaicos de cultivares coridos perfilados por sebes e muros de pedra.

O mercado tópase na subida ao Monte dende Quilmas xunto a pista desportiva descuberta. Os autos teñen lugar abondo onde aparcar.

O mercado tópase na subida ao Monte dende Quilmas xunto a pista desportiva descuberta. Os autos teñen lugar abondo onde aparcar.

Dende A Explanada do Campo da Feira, enclavada aos pés do Monte Pindo, accédese a varias rotas para descubrir través de sendeiros antigos, camiños de “a pé” que comunican Quilmas con Caldebarcos ou que suben á Moa (punto máis elevado do macizo con 625 m de altitude)… e pensar que a xente de Quilmas ía no verán até o Chan da Moa coas vacas, por esas ladeiras de pedra, pasando polo Chan das Lamas, pola Casa da Raíña Lupa, polo Chan de Lourenzo e polos Muros de Arriba para chegaren onde se mantiña fresco o pasto verde-mol!!

 

Floración dos Salgueiros- fonte de pole para as abellas.

Abella colleitando pole de salgueiro febr

Con este tempo tan soleado andan as abellas coma tolas, entran e saen das colmeas acarrexando alimento. Coas primeiras raiolas despois das chuvas nin elas nin as plantas con flor se poden resistir á atracción mútua, este vínculo ancestral.

Abella colleitando pole de salgueiro

Abella colleitando pole de salgueiro

As abellas son imprescindíbeis para a polinización das plantas superiores e polo tanto da súa reproducción, evolución e adaptación aos hábitats, colleitan o pole ou o néctar de cada especie vexetal de forma específica, son moi selectivas. Cando unha expedicionaria recoñece unha floración interesante volta inmediatamente á colmea e comunícalle ás súas compañeiras obreiras pecoreadoras onde está o manxar. Despois da danza orientativa saen todas nesa dirección a colleitar o néctar, melato ou pole desas plantas concretamente; indo de flor en flor arrastran o pole de diferentes plantas da mesma especie e favorecen o intercambio xenético. As abellas morden os estambres coas mandíbulas e almacenan,  nos canastos que teñen nas patas, as bolas de pole amalgamado coa saliva. Visitarán estas flores até esgotar os recursos alimentícios que lles proporcionan, facendo a súa función do principio ao final da floración.

  O pole é a parte protéica do alimento das larvas e ten especial importancia  na época de cría, neste intre ten que ser abundante senón probocaría carencias nas futuras obreiras e debilitaría á colmea. Os salgueiros son das primeiras fontes de pole ao final do inverno.

IMG_8879

Outra visitante do Salgueiro en flor, a volvoreta Inachis Io

 

A presenza de polinizadores nas hortas, bosques e plantacións de froiteiras e outros cultivares, implica un incremento cuantitativo e cualitativo da biodiversidade e da produción; coa presenza de insectos beneficiosos teremos máis froitos e de mellor calibre!

Ollade os seguintes datos que mostran o incremento de froitos en

  • cerdeiras, maceiras e pereiras= 10-20%.
  • berenxenas e mandarineiros= 50-60%.
  • kiwis= 80-90%.

(Bornet y Bricout- 1985)

Unha terceira parte da nosa dieta depende directa ou indirectamente das plantas polinizadas polos insectos (80% da polinización total), na súa maioría abellas.

Este fin de semana celébrase en Arzúa o Día da Abella esta celebración verase coroada pola victoria das abellas sobre o pesticida Cascade declarado ilegal polo Parlamento Europeo. Noraboa!!

Cartaz Marzo 2013

Cartaz Marzo 2013

Pléiades-Mercados

Imaxe

As pléiades son un cúmulo de estrelas que no ceo están entre as constelacións de Tauro e Orión. En diferentes culturas a súa presencia no ceo daba o sinal dos cambios de estación de guiaban aos pobos labregos e mariñeiros de todo o mundo (vese en ambos hemisférios) indicando as épocas de cultivo e viaxes máis favorábeis. No equinoccio de primavera, 20 ou 21 de Marzo, estas estrelas son visíbeis só despois da posta do sol, que nesta época do ano ponse xusto ao Oeste, tralo Cabo Fisterra. Así que poderemos disfrutar dende O Campo da Feira dunha singular posta de sol.