Archive for Maio 2012

Programa do IV Mercado Ecolóxico do 20 Maio

O mercado pretende ser unha mostra iniciativas galegas que apostan polo cultivo de alimentos de xeito natural, pola defensa e proteción  do medio ambiente e a paisaxe, polo consumo responsable, por un desenrolo rural sostible e sólido con relacións de proximidade. Nesta ocasión as abellas e a súa importancia para a vida e a ameaza que as sobrevoa coas fumigacións masivas serán as protagonistas, así coma a influencia que tiveron e teñen na literatura galega as actividades agrícolas e a interrelación das persoas coa natureza . Achegádevos para apoiar e coñecer estas propostas de primeira man, o mercado localizarase na subida á Moa dende Quilmas nunha explanada chamada o Campo da Feira.

PROGRAMA

10:30h APERTURA DO MERCADO
O mercado contará cos seguintes postos;
Mel
Maremel- Mel de AGA e produtos ecolóxicos coma algas mariñas e marmeladas.
CCMM de Caldebarcos e San Cibrán- Mel do Monte Pindo
Abella Lupa- Mel e melatos Ecolóxicos de Covelo (Pontevedra)
Hortalizas
A Horta de Dolores- Hortalizas variadas de tempada eco e rosquiñas.
Hortasán- Hortalizas variadas de tempada eco, conservas e viños.
Senra SCG- Hortalizas variadas de tempada eco, legumes, froitos secos.
Carme de Socastro- Hortalizas variadas de tempada.
Raínha Lupa- Hortalizas variadas de tempada eco, fariñas e pan bio,plantas aromáticas.
Serra do Castro- Embutidos ecolóxicos artesáns.
Plantas Menciñeiras
Milulhoa- Plantas menciñeiras deshidratadas e oleatos.
Sanakura- Cremas naturais.
Leite Derivados
Queixos Gabino-Queixos do país e de San Simón.
Doces
Reposteiría Rois-Empanadas de millo, tortas de millo, filloas…
Reposteiría Eco- Pan Bio, postres e pasteis.
Tecidos
Lan a man- Prendas de lá e fieltro, tecidas e confeccionadas a man.
Comercio Xusto
Equisol- Produtos ecolóxicos e de Comercio Xusto.
A Estruga espazo agroecolóxico- Produtos ecolóxicos e de Comercio Xusto.
Oficios e Artesáns
Cesteiro de Rois- Cestos tradicionais de diferentes materiais.
Cesteiro de Portosón- Cestos con formas innovadoras e apeiros e ferramentas artesáns.
Charo- Cerámica de Carnota.
Colectivos
ADEGA- Asociación pola Defensa Ecolóxica de Galiza.
Monte Pindo Parque Natural
SLG- Sindicato Labrego Galego.
Zocamiñoca- Cooperativa de Consumo Responsable.
Para o xantar
Xestas- Comida Vexetariana
Menduíña-Cervexas artesás.
Taberna- Comida tradicional caseira, viños e bebidas.

No mercado conmemorarase o día da mundial da biodiversidade coas seguintes actividades:

12:00h. ACTO POLA DIVERSIDADE NATURAL
-Charla: As abellas, axentes imprescindibles para a vida e a conservación da biodiversidade. A ameaza das fumigacións masivas.
-Lectura do Manifesto da Plataforma Fumigacións Non, coa participación de abelleiras e abelleiros.
-Performance e achegas de información.

Ao longo de todo o día. ACTO POLA DIVERSIDADE CULTURAL
Co motivo do día das letras galegas faremos en Quilmas a lectura voluntaria de poemas, refráns, ditos ou cantigas relacionadas co agro, o amor á paisaxe e á contorna natural.
Animámosvos a partillar, a rememorar algún verso que teña significado para vós e lelo a voz cheia.

21:00h. PECHE…

Advertisement

IV MERCADO ECOLÓXICO EN QUILMAS

NOVA EDICIÓN DO MERCADO ECOLÓXICO POLA DEFENSA DA TERRA EN QUILMAS

CONTRA A DESTRUCIÓN DA TERRA FÉRTIL E A CONTAMINACIÓN DO MAR.

O DOMINGO 20 ven probar os sabores verdes da tempada. Coma sempre teredes a oportunidade de degustar cervexa artesá do Morraso, hortalizas frescas ecolóxicas galegas, mel de Carnota . A saúde e sabor dende a terradirectos á nosa mesa.

Se tes inquedanzas nosdiferentes xeitos de prdución, no significado da ecolóxía os cambios que podemos realizar na nosa contorna con pequenos xestos cotiás…Achégate ao MERCADO ECOLÒXICO POLA DEFENSA DA TERRA DE QUILMAS, e toparás mesas de diferentes colectivos, información sobre o consumo responsable, agroecoloxía, ecoloxismo, protección do medio ambiente e desenrolo rural sostible.

Haberá unha mostra dos materiais da terra, con artesanía de proximidade, cerámica e cesteiría, artesáns que tecen bímbios e xestas, carqueixas e salgueiros para facer útis da natureza.

 O DÍA 20 DE MAIO ACHÉGATE QUILMAS. Durante toda a xornada desfrutaremos de gastronomía tradicional cos mellores ingredientes,música animosa e actividades diversas.

    MERCADO ECOLÓXICO EN QUILMAS…

                                                                                 …CONTRA A DESTRUCIÓN DA TERRA FÉRTIL E A CONTAMINACIÓN DO MAR.

Escoita a chamada do mar

Se queres partillar e mostrar os teus produtos contacta connosco através do seguinte correio electrónico: casadareinalupa@hotmail.com. Obrigad@s.

Algazo na ribeira!

A colleita de algas de arribazón, durante na primavera e no verán nas praias de Quilmas e Caldebarcos, é unha práctica común á que xa estamos ben afeit@s. En canto temos oportunidade cargamos uns cantos remolques coma este para aboar ás patacas, aos espárragos e ás hortalizas dos invernadoiros.

O algazo (mestura de algas que deixa o mar na ribeira)  lávase con auga doce (pola chuva mellor) e incorpórase aos terreos directamente como abono de fondo ou acolchado, ou tamén en forma de compós despois da súa transformación na pila.

Boliña de compós de algas

Boliña de compós de algas

As algas complementan o abonado orgánico aportando  maioritariamente oligoelementos coma calcio, ferro e manganeso entre outros  que incrementan a calidade dos cultivos en resistencia a enfermidades, sabor  e conservación. Coa incorporación das algas aos solos  mellorase a súa estructura,  capacitándoos para reter  con eficacia auga e  nutrientes.