Este ano está a ser un pouco duro para as patacas de cedo, as que foron plantadas en Decembro ou Xaneiro, duro pola chuva que fixo apodrecer as sementes nas terras asolagadas e duro polas xiadas tardías do mes de Abril. Así que esperamos pataca nova un pouco máis tarde ca outros anos. A primeira plantación de patacas fixémola a comezos de febreiro e hai 2 semanas fixémoslle o aterrado co motocultor.
Estas son da variedade “Baraca”, tamén temos plantadas xa para a colleita de tarde a variedade autóctona “Fina de Carballo” que conseguimos através do GDR “Costa da Morte” e é a primeira vez que as cultivamos así coma a variedade vermella “Red Pontiac”. Fixemos a asociación tradicional de pataca-liño semeando este ao perímetro do cultivo de pataca, xa que cando medra fai unha barreira que repele ao temido e lurco escarabello da pataca.