Cultivos

Manter e mellorar a biodiversdade e fertilidade na Agra de Quilmas é un dos nosos fins principais, e logo, como facelo?, é primordial seguir unha serie de páutas

1. Conservar variedades autóctonas de vexetais de interese  para o cultivo e tamén as auxiliares.

2. Diversificar en especies e dentro delas nas variedades, escollendo as que máis se adaptan as condicións da nosas leiras (necesidades de auga, rusticidade, resistencia a pragas i enfermidades, aceptación polas consumidoras, etc…)Facer unha seleción, reproducir e conservar as nosas sementes.

3. Realizar rotacións e asociacións de cultivos que manteñan a fertilidade da terra e que melloren a eficiencia nos traballos na nosa horta ecolóxica.

4. Procurar reducir o laboreo da terra, evitar deixar os solos descubertos e expostos a erosión mediante o uso de cubertas vexetais  e solapamento de cultivos.

5. Reutilizar os restos orgánicos para compostar.

A base para nutrir aos nosos cultivos é o abono cabalar, as algas de arribazón a máis do compost de restos orgánicos que realizamos na explotación.

Combatemos as plagas i enfermidades usando métodos naturais a base de plantas fermentadas para fortalecer os cultivos, trampas con feromonas e trampas de cor e cando chega o caso substancias químicas naturais selectivas, inócuas para o medio ambiente e as persoas.

Durante o ano agrícola cultivamos, aínda que a súa dispoñibilidade está en función da tempada, as seguintes froitas e hortalizas:

TOMATES

Dende o comezo realizamos diferentes probas con diversas variedades de plantas, nos tomates probamos cás castes pera, marmande, RAF, corazón de boi, Negro de Crimea, tomatiños cereixas amarelos, montsení, bombeta…

LEITUGAS, CHICORIAS E RÚCULA

leitugas coma batavia, folla de carballo, trocadero, maravilla de Maio, maravilla 4 estacións, cresonette

ACELGAS

de penca ancha e de folla

REMOLACHA

PORROS

De quilmas

PEMENTOS

De Arnoia, Morrón, Couto grande, Padrón

CHÍCHAROS E TIRABEQUES

NABIZAS, NABOS e GRELOS

de Lugo, de Santiago,

NABICOL

de Quilmas

REPOLOS, BRÉCOL E LOMBARDAS

PATACAS

Red Pontiac e Baraca

ALLOS

Roxos

CEBOLAS

De Quilmas, Zalla, palla virtudes

CABAZAS

de Quilmas e outras

CABACIÑOS

PEPIÑOS

ESPÁRRAGOS

Trigueiros

CEREAIS

Trigo do País (Callobre e trimesino da Ulloa), centeo,

FROITEIRAS

Maceiras, pereiras, cerdeiras e figueiras autóctonas e cítricos.

NOTA: A maior parte das froiteiras sucunviron ao lume en setembro do 2013, polo que temos que repor case todas as plantacións. A cousa non está fácil pola gran inversión económica en plantel que temos que realizar e a dispoñibilidade no viveiro das castes autóctonas que cultivavamos. Iremos paseniño…

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: