Floración dos Salgueiros- fonte de pole para as abellas.

Abella colleitando pole de salgueiro febr

Con este tempo tan soleado andan as abellas coma tolas, entran e saen das colmeas acarrexando alimento. Coas primeiras raiolas despois das chuvas nin elas nin as plantas con flor se poden resistir á atracción mútua, este vínculo ancestral.

Abella colleitando pole de salgueiro

Abella colleitando pole de salgueiro

As abellas son imprescindíbeis para a polinización das plantas superiores e polo tanto da súa reproducción, evolución e adaptación aos hábitats, colleitan o pole ou o néctar de cada especie vexetal de forma específica, son moi selectivas. Cando unha expedicionaria recoñece unha floración interesante volta inmediatamente á colmea e comunícalle ás súas compañeiras obreiras pecoreadoras onde está o manxar. Despois da danza orientativa saen todas nesa dirección a colleitar o néctar, melato ou pole desas plantas concretamente; indo de flor en flor arrastran o pole de diferentes plantas da mesma especie e favorecen o intercambio xenético. As abellas morden os estambres coas mandíbulas e almacenan,  nos canastos que teñen nas patas, as bolas de pole amalgamado coa saliva. Visitarán estas flores até esgotar os recursos alimentícios que lles proporcionan, facendo a súa función do principio ao final da floración.

  O pole é a parte protéica do alimento das larvas e ten especial importancia  na época de cría, neste intre ten que ser abundante senón probocaría carencias nas futuras obreiras e debilitaría á colmea. Os salgueiros son das primeiras fontes de pole ao final do inverno.

IMG_8879

Outra visitante do Salgueiro en flor, a volvoreta Inachis Io

 

A presenza de polinizadores nas hortas, bosques e plantacións de froiteiras e outros cultivares, implica un incremento cuantitativo e cualitativo da biodiversidade e da produción; coa presenza de insectos beneficiosos teremos máis froitos e de mellor calibre!

Ollade os seguintes datos que mostran o incremento de froitos en

  • cerdeiras, maceiras e pereiras= 10-20%.
  • berenxenas e mandarineiros= 50-60%.
  • kiwis= 80-90%.

(Bornet y Bricout- 1985)

Unha terceira parte da nosa dieta depende directa ou indirectamente das plantas polinizadas polos insectos (80% da polinización total), na súa maioría abellas.

Este fin de semana celébrase en Arzúa o Día da Abella esta celebración verase coroada pola victoria das abellas sobre o pesticida Cascade declarado ilegal polo Parlamento Europeo. Noraboa!!

Advertisements

Cartaz Marzo 2013

Cartaz Marzo 2013

Pléiades-Mercados

Imaxe

As pléiades son un cúmulo de estrelas que no ceo están entre as constelacións de Tauro e Orión. En diferentes culturas a súa presencia no ceo daba o sinal dos cambios de estación de guiaban aos pobos labregos e mariñeiros de todo o mundo (vese en ambos hemisférios) indicando as épocas de cultivo e viaxes máis favorábeis. No equinoccio de primavera, 20 ou 21 de Marzo, estas estrelas son visíbeis só despois da posta do sol, que nesta época do ano ponse xusto ao Oeste, tralo Cabo Fisterra. Así que poderemos disfrutar dende O Campo da Feira dunha singular posta de sol.

Rosalía

Rosalía

A nosa mellor compaña. Esta burriña de 25 xenerosos anos foi acollida na Raínha Lupa en Xaneiro. Quilmeña de pro, coñece ben onde están os mellores pastos, agora por fin está “xubilada”, e sae a pacer e abonar as nosas terras os días soleados. Gosta de xantar llantén, leituga silvestre, flor de cenoira, silvas, os bicos tenros dos toxos, sarnadela, ten unha dieta do máis variada e pírrase pola avea e o pan.

Nova plantación de cítricos e froiteiras tropicais

Na Raínha Lupa fixemos unha nova plantación de árbores froiteiras durante comezos do mes de febreiro e así  está a quedar o terreo chamado “O Corraliño”.

No primeiro plano unha figueira blanca, ao fondo plantando laranxeiras e pomeleiros.

No primeiro plano unha figueira blanca, ao fondo plantando laranxeiras e pomeleiros.

Através da roza dos toxos e matogueiras rematan triturados o que nos serve coma abonado, Completámolo con esterco compostado de cabalo ao fondo do furado. Aquí engadindo abono.

Através da roza, os toxos e matogueiras rematan triturados e funcionan moi ben coma abono. Nesta imaxe vese como introducimos esterco de cabalo compostado ao fondo do buraco para completar o aporte inicial de nutrientes.

Outra imaxe das laranxeiras.

Outra imaxe das laranxeiras.

Limoeiros

Limoeiros

Escollemos esta parcela da <cooperativa pola súa magnífica orientación. Está protexida do Norte e do Nordés polo desnivel e ábrese cara o Sul, é unha parcela quente ideal para o cultivo de cítricos e árbores tropicais. Xa case rematamos, faltan os mandarineiros, aguacates e mangos, nísperos e guayabos. Nas beiras da parcela plantamos para facer sombra algún castiñeiro. Nuns anos será un verxel!!!

Datas dos Mercados Ecolóxicos para 2013 en Quilmas

Imos xa polo terceiro ano que organizamos e levamos a bo porto os mercados en Quilmas. Agradecemos a participación de todos os colectivos e persoas que acoden ano a ano a este mercado.

Case de xeito definitivo o calendario quedará desta maneira:

CALENDARIO MERCADOS ECOLÓXICOS QUILMAS 2013
MARZAL
XUÑO
XULLO
AGOSTO
SETEMBRO
Venres
29
Dom
2
Dom
23
Dom
7
Dom
21
Dom
4
Dom
11
Domingo
1

 

 

 

Para máis información podedes contactar connosco polos seguintes medios:

correio-e: casadareinalupa@hotmail.com

Tlfno: 981 760 227

Quen virá ao Mercado??? e que traerán!

Pois coma sempre imoseditar alistaxe dos postos que confirmaron a súa asistencia para o domingo 26 de Agosto:

 

Mel

CCMM Caldebarcos

AGA

Cooperativa AE Raínha Lupa

Horta

Senra SCG- (Vedra). Hortalizas ecolóxicas, fabas, feixóns e mel

Horta de Dolores- (Teo). Hortalizas e froitas ecolóxicas, rosquillas e conservas.

Horta San- (Vedra). Hortalizas ecolóxicas, conservas, viño.

Carme de Socastro-( Rois). Hortalizas Eco, pan Eco.

Milhulloa- (Palas de Rei). Herbas aromáticas,oleatos e cosméticos, especias.

Elaborados

Repostería Eco- Cambre). Pasteis elaborados con ingredientes de procedencia ecolóxica e moi saudábeis.

Repostería Carme-  (Rois). Filloas, empanadas de millo, tortas de millo (de cultivo própio), etc…

Menduíña-( O Hio). Cervexas artesás.

Serra do Castro- (Melide). Embutidos de tenreira e porco, con recuperación de receitas tradicionais.

Queixos Gabino- (Vilalba). Queixo de San Simón da Costa e País, artesáns.

O Alle- (Lalín). Leite crú e queixos ecolóxicos.

Artesáns

Sanakura- (Bastabales). cosmética natural.

Caléndula. Cosmética natural.

Lan a man- (Bastabales). Pezas de fieltro, zapatillas, puchos…

Cesteiro de Rois- (Rois). Cestas de diferentes tamaños e utilidades….

Charo- (Carnota). Pezas de cerámica artesás.

Artesanía de Fisterra

Asociacións

ADEGA

SLG

AGA

Monte Pindo Parque Natural

Outros

Ovella Viva- Criadores de Ovellas de raza autóctona.

Empolbadas- Pulpeiras do País con pulpo da ría.

 

De seguro que haberá algunha actuación sorpresa ao longo da xornada,pero como tal teredes que vir e ver!!

Esperámosvos.