A Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Raínha Lupa de Quilmas escomeza a súa andadura polos mundos virtuais. Dende agora tentaremos plasmar as actividades no eido da agroecoloxía que de forma ceibe descorren nas nosas leiras. E desa mesma forma faremos as reivindicacións precisas para que, tamén en liberdade, tod@s poidamos desfrutar da paisaxe e da natureza de Quilmas, da súa Agra, e do territorio da Galiza.