Dende Agosto do 2014 abrimos unha nova fiestra cara as nosas hortas, abrimos un punto de contacto e comercialización para por directamente os froitos da nosa terra a disposición das consumidoras que se queiran achegar. A tenda está na parcela dos invernadoiros da Raínha Lupa localizados na Estrada Xeral, na saída de Quilmas cara o Pindo. Alí estamos a remodelar un local, pero provisionalmente atendemos ao público de luns, martes, xoves, venres e sábado, de 10 a 14 h. Alí poderedes atopar as hortalizas de tempada da cooperativa e outras de hortas ecolóxicas galegas.
Archive for Setembro 2014
17 Set
Tenda de Hortalizas Ecolóxicas en Quilmas
17 Set
Este verán, houbo TOMATADA
Este ano, en contra de todas as espectativas, polo tempo, (brétemas e chuvas, por todos sabido danan ás tomateiras até consumilas pola propagación e crecemento do mildiu), porque os cultivos atrasáronse na plantación e na colleita, houbo uns bos tomates. Seica o traballo de seleccionar as sementes e os abonados con algas que fortalecen moito ás plantas ante as enfermidades, tamén a poda constante no comezo do crecemento da planta fai que os froitos sexan maiores e saborosos. Apresentamosvos, cicais aínda non as coñecedes, as diferentes variedades que cultivamos, unhas novas e outras tradicionais ou adaptadas, recuperadas estes últimos anos nas diferentes hortas de labregas galegas.