De novo estamos a organizar un mercado de produtos ecolóxicos e de proximidade en Quilmas para o día 26 de Agosto. O formato do mercado será similar aos anteriores e realizarase na explanada que hai na subida a Moa dende Quilmas. Este lugar foi escollido polas magníficas vistas que se poden desfrutar dende aló, é un espazo realmente especial co Monte Pindo ás espaldas e a boca da Ría de Corcubión de frente, co Cabo Fisterra ao fondo.
Nesta ocasión o mercado centrarase nos alimentos procedentes das hortas galegas, especialmente nas variedades autóctonas de hortalizas, froitas e cereais. Como atractivo especial haberá unha degustación de tomates ecolóxicos. Tamén contaremos con elaboradores de queixos típicos como de San Simón da Costa e Arzúa Ulloa, elaborado con leite crú ecolóxico. A medida que vaia pasando a semana iremos concretando o programa que se fará público neste medio.
Animámosvos a achegarvos e desfrutar do punto álxido de fructificación, catar sabores e pasar un intre tranquilo nun espazo único. Tamén a coñecer Quilmas e a súa contorna.
Se estades interesad@sen asitir co voso posto podedes contactar connosco no seguinte enderezo de correio-e:
caerainalupa@hotmail.com