A colleita de algas de arribazón, durante na primavera e no verán nas praias de Quilmas e Caldebarcos, é unha práctica común á que xa estamos ben afeit@s. En canto temos oportunidade cargamos uns cantos remolques coma este para aboar ás patacas, aos espárragos e ás hortalizas dos invernadoiros.
O algazo (mestura de algas que deixa o mar na ribeira) lávase con auga doce (pola chuva mellor) e incorpórase aos terreos directamente como abono de fondo ou acolchado, ou tamén en forma de compós despois da súa transformación na pila.
As algas complementan o abonado orgánico aportando maioritariamente oligoelementos coma calcio, ferro e manganeso entre outros que incrementan a calidade dos cultivos en resistencia a enfermidades, sabor e conservación. Coa incorporación das algas aos solos mellorase a súa estructura, capacitándoos para reter con eficacia auga e nutrientes.