Mercado Tradicional Ecolóxico de Quilmas o 1 de Outubro

Ver o cartaz

Unha nova edición do Mercado Ecolóxico de Quilmas estase a forxar para o 1 de outubro. Esta será a derradeira das 3 festas feitas en Quilmas durante este verán- outono e haberá que esperar ao vindeiro ano, ao mes de abril, que é cando se reiniciarán a secuencia de sete mercados durante sete meses, para ver de novo xuntas no mesmo lugar ás labregas e labregos con leiras ecolóxicas da Coruña, ás artesás e artesáns de Carnota e ás asociacións con máis forza na defensa da natureza, da ecoloxía, do consumo responsable e agricultura sostible de Galiza.

Voltando á actualidade, o sábado 1 de Outubro en Quilmas terá lugar o Mercado ecolóxico tradicional pola defensa da terra e o domingo 2,  poderedes asistir á limpeza do río Vadebois, ambas actividades terán comezo ás 10:00h, sendo o punto de partida a Praza da Pobo de Quilmas (no centro do Lugar), a xornada do domingo rematará na Lagoa de Caldebarcos onde se realizará un avistamento de aves.  Para a xornada do día 2 é preciso realizar unha inscripción previa no 697 364 124 antes do 27 de Setembro.

Ven ollar as cores da terra nos froitos do outono, coma sempre, no mercado haberá degustación de mel galego  e doutro froito de tempada que se deixará probar durante a xornada, haberá cervexa artesá do morrazo, queixos e hortalizas frescas ecolóxicas galegas…a saúde e o sabor dende as leiras á nosa mesa.

Se tes inquedanzas nos xeitos de produción, no significado da ecoloxía, que cousas se poden cambiar con xestos cotiáns, achégate a Quilmas e toparás mesas de diferentes colectivos, información sobre consumo responsable, agricultura, ecoloxía, proteción do medio ambiente, biodiversidade e desenrolo rural sostible.

Tamén haberá unha mostra das texturas da natureza, a artesanía de proximidade de cerámica, coiro e cesteiría, así coma de cosmética natural.

O día 1 de outubro en Quilmas  sonará música animosa, gastronomía típica elaborada cos mellores ingredientes, bebidas ecolóxicas e moito que ver.

MERCADO TRADICIONAL ECOLÓXICO POLA DEFENSA DA TERRA…CONTRA A DESTRUCIÓN DA TERRA FÉRTIL E A CONTAMINACIÓN DO MAR…escoita a chamada.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: